Este xoves 21, ás 11 horas
O papel da muller no mundo da empresa, a debate na Asociación Área Empresarial do Tambre
A Asociación Área Empresarial do Tambre celebra este xoves 21 de marzo a mesa redonda “Testemuños empresariais femininos” na que catro empresarias analizarán o papel da muller no mundo da empresa.
O acto, que terá lugar no Centro Empresarial do Tambre, será inaugurado ás 11 horas polo presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel; a secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois.
A mesa redonda, organizada co motivo do Día Internacional da Muller que se conmemorou o pasado 8 de marzo, reunirá a catro mulleres profesionais e empresarias que compartirán experiencias e analizarán o papel da muller no mundo empresarial. As protagonistas do debate, moderado polo secretario da Asociación Ramón Lois, serán Rosa Blanca Rodríguez, administradora de Espina y Delfín; María Caeiro, conselleira delegada do Grupo Caeiro, María Pais, controller do Grupo Quatrium; e María Vázquez, directora xerente de Mercagalicia.