50° aniversario das Escolas Familiares Agrarias
Leite Río e as EFAs de Galicia crean un premio para apoiar proxectos de emprendemento no rural
O aniversario do Centros de Promoción Rural – EFA de Galicia reuniu a unhas 1.500 persoas, entre representantes institucionais, empresas e membros da comunidade educativa. No transcurso do mesmo visibilizouse o traballo que ao longo destes anos levaron a cabo estas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción do medio rural, poñendo en valor a xente e os recursos do rural galego como xeradores de emprego e riqueza no territorio. En Galicia hai tres centros: na provincia de Pontevedra, A Cancela, no concello de As Neves, e na da Coruña, Piñeiral, en Arzúa, e Fonteboa en Coristanco.
O encargado de abrir o acto foi o presidente da Federación EFAs de Galicia, Gabriel Tirapu, mentres que a secretaria xeral da Federación, Belén Rodríguez, fixo balance dos 50 anos dos Centros de Promoción Rural na nosa comunidade. Lembrou que “as EFAs naceron para evitar que as persoas do medio rural emigraran á cidade por falta de traballo, fixando poboación a través da formación, con proxectos educativos con impacto no desenvolvemento territorial, optando polo modelo francés de alternancia aula-empresa”.
Ao longo destes anos nos Centros de Promoción Rural EFA de Galicia -integrados nunha rede internacional con máis de 1000 entidades en todo o mundo- formáronse unhas 17.000 persoas, máis de 7.000 de formación regrada. Destes últimos, máis de 6.000 están insertados laboralmente no medio rural e máis de 1.200 emprenderon o seu propio proxecto no rural. Organizáronse máis de 2.400 mobilidades por estudos a nivel internacional e o alumnado participou en máis de 40.000 estadías formativas, grazas á colaboración con máis de 2.500 empresas. Desenvolvéronse máis de 200 proxectos de investigación, inclusión, igualdade e cooperación.
Premio ao emprendemento rural
A CEO do Grupo Lence – Leite Río, Carmen Lence, anunciou a creación do “Premio ao emprendemento no rural”, dirixido ao alumnado de último ano das EFAs galegas. Recoñecerase o mellor proxecto fin de carreira, do que se valorará o seu impacto na contorna e recibirá unha axuda para implantalo, impulsando así que os mozos e mozas se incorporen profesionalmente no rural. Máis de 300 estudantes de ciclos formativos de grao superior das tres EFAs que hai na nosa comunidade poderán presentarse ao premio. “Somos activistas do rural e os mozos son o futuro”, remarcou.
Futuro das EFAs
Pedro Puig-Calvó, experto en Formación Profesional Dual e en formación no ámbito rural, cunha longa traxectoria en países de Europa, América e África, abordou a visión de futuro das EFAs. Referiuse ao sistema educativo de alternancia que empregan os Centros de Promoción Rural como “un instrumento de desarrollo del territorio, con un impacto muy elevado en las zonas en las que se implanta. Este sistema, basado en el aprendizaje aula-empresa, parte de la realidad, tratando de dar respuesta a los problemas que surgen en cada momento. A diferencia de la escuela tradicional, donde primero se aprende y luego se aplica, en los sistemas de alternancia primero se aprende sobre el terreno y luego se refuerza en el centro educativo” -sinala-.
O experto puxo de relevo a necesidade de que “la formación vaya al ritmo de los cambios de la sociedad y del mundo empresarial y que los programas de formación aula-empresa sean más flexibles en cuanto a horarios para que el alumnado siga los procesos reales de las empresas”. Segundo remarcou, o sistema de alternancia presenta importantes vantaxes sobre a formación dual. Asegura que “no se limita a formar a las personas, sino que uno de sus principales objetivos es el desarrollo del territorio, para lo que se tiene en cuenta la realidad del entorno y de sus empresas”. O profesor salientou así mesmo que “el medio rural no es solo agricultura y ganadería, sino que es también turismo, comercio, salud, educación, ocio…”.
“El futuro rural presenta importantes potencialidades, por lo que se debe facilitar a los jóvenes su participación, ofreciéndoles propuestas formativas que les motiven, teniendo en cuenta además que las cifras de abandono escolar en España y en Galicia son muy elevadas. Es necesario promover el desarrollo de proyectos complementarios en el rural, es decir, se pueden elaborar quesos y al mismo tiempo poner en marcha iniciativas turísticas, ser enfermera o enfermero e impartir clases, tener ovejas y montar un restaurante…; es decir, es posible y muy enriquecedora la diversificación de profesiones con diversidad de autores”, apuntou o experto.
No acto tamén participou o director de Abanca Agro, Jesús Combarro, quen indicou que “as EFAs teñen un papel moi relevante no referente ao futuro e á profesionalización do medio rural. Os novos titulares das explotacións gandeiras e agrarias precisan da formación especializada neste eido; en produción, comercialización, e xestión…”. Na súa intervención, remarcou o compromiso da entidade co rural, a través da unidade de negocio Abanca Agro, especializada en solucións financieras para o sector e destacando que Abanca mantén a maior rede de oficinas no rural galego, sendo a única entidade con oficina en 141 municipios, o que supón o 45% dos concellos de Galicia.
No acto participaron varios exalumnos das EFAs galegas, que amosaron a súa experiencia traballando e emprendendo no rural. Así mesmo, tivo lugar a imposición de becas e a entrega de diplomas ao alumnado que se graduou este curso. O conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, foi o encargado de clausurar o encontro.