O luns 25, en Santiago
O IDEGA analizará o futuro do sistema de pensións
O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) organizará o vindeiro luns 25 a xornada ‘O futuro do sistema de pensións’, en colaboración co Consello Económico e Social de Galicia (CES)
A xornada principiará ás 10.30 horas co relatorio do director da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (FEDEA), Ángel de la Fuente, titulado ‘Cara unha nova reforma do sistema de pensións?’
A partir das 11.45 horas o presidente do Colexio de Economistas de Galicia, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Vázquez Taín, falará os elementos diferenciais do sistema público de pensións en Galicia. A xornada rematará coa celebración dunha mesa redonda na que intervirán os axentes sociais do Consello Económico e Social moderada polo profesor de Análise Económica da USC Melchor Fernández.