O próximo 25 de xaneiro na Cidade da Cultura

Primeira edición do Foro Green Value 4 Food de Clusaga

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza a primeira edición do Foro Green Value 4 Food, co obxectivo de acompañar ás empresas na súa transición verde e dixital para lograr un desenvolvemento sostible e circular da cadea de valor alimentaria.


 

Primeira edición do Foro Green Value 4 Food de Clusaga
Clusaga organizará el I Foro Green Value 4 Food.
Clusaga organizará a primeira edición do Foro Green Value 4 Food.

O evento, que se celebrará o 25 de xaneiro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, reunirá a 13 relatores expertos en sustentabilidade que abordarán a transición verde dende todas as perspectivas de interese actual para as empresas e profesionais do sector da alimentación e das bebidas.

Programa do Foro

O Foro arrancará da man de Víctor Viñuales, director executivo de Ecodes, quen abordará os desafíos do sector alimentario na súa gran transición cara a sustentabilidade, para continuar coa celebración de tres mesas redondas.

A primeira delas, moderada por Antonio Vasconcelos, director de Planetiers New Generation e codirector de INSURE.Hub, contará coas intervencións de Mariví Sánchez, directora de Sustentabilidade e Comunicación de Nauterra; Emiliano Barelli, director de Sustentabilidade Ambieapsa Food; e Ricardo Castro, xerente de Calidade e Medio Ambiente de Vegalsa-Eroski.

A segunda mesa, moderada por Perla Ferrer, coordinadora da Área de Sustentabilidade e Economía Circular de Clusaga, centrarase no impacto ambiental da industria alimentaria, outorgando as chaves para valorizar residuos ou reducir a pegada ambiental. Nela participarán Manuela Pintado, profesora e directora do CBQF da Universidade Católica Portuguesa; Elisa Toscano, socia e coordinadora de Vixilancia Ambiental Estratéxica de Grunver Sostenibilidad; Sofía Garín, responsable de Proxectos de Ecodeseño e Estratexia Circular de Inèdit; e Bárbara Ferrer, responsable Lean & Green de Aecoc.

A derradeira mesa pretende afondar na visión estratéxica para que as empresas leven a cabo a súa transición verde. Baixo a moderación de Guillermo Iglesias, profesor da Universidade da Coruña, darán as súas perspectivas e aportacións Javier Fraga, director de Abanca Mar; Rafael Cobo, consultor senior e Regenerative Lead de Impact Hub; David Álvarez, director executivo e fundador de Ecoacsa; e Luis Rochartre, asesor senior de INSURE.Hub & Planetiers New Generation.

O encontro, que constituirá unha excelente ocasión para o networking, será tamén un espazo expositivo, contando cunha mostra de solucións sostibles para o ecosistema alimentario.

Primeira edición do Foro Green Value 4 Food de Clusaga