Será o 5 de outubro no AC Palacio del Carmen
Gunter Pauli falará en Santiago sobre a sustentabilidade no sector alimentario
O economista e emprendedor belga Gunter Pauli, creador da “Economía Azul”, centra o seu traballo no deseño e implementación de solucións prácticas, alcanzables e sostibles para un novo modelo económico de sociedades e industrias de cero emisións.
O evento, que está organizado por Clusaga no marco do seu compromiso co avance do sector alimentario galego cara estratexias máis sostibles, conta tamén coa colaboración do INSURE.Hub, INnovation in SUstainability and Regeneration, e ten por obxectivo prestar apoio ás empresas do sector alimentario para avanzar cara estratexias máis sostibles.
As crecentes presións en materia de cumprimento normativo e reporte xunto coas esixencias dos consumidores e da propio contorna, fai da sustentabilidade un elemento clave das estratexias empresariais e modelos de negocio.
Baixo o título “Retos e claves para unha estratexia máis sostible nas empresas alimentarias”, a xornada pretende guiar ás empresas para reducir riscos e reforzar a súa posición competitiva, aproveitando novas oportunidades.
Gunter Pauli, máis que un experto en sustentabilidade
Gunter Pauli é amplamente recoñecido a nivel internacional por desenvolver e promover o concepto de "Economía Azul", baseado na idea de crear sistemas sostibles e resolver problemas ambientais a través da innovación e a imitación dos procesos naturais.
Fundador de Zero Emissions Research and Initiatives (ZERI), na Universidade das Nacións Unidas en Tokio, e da Fundación The Global ZERI Network, Pauli busca solucións económicas e sostibles a través do emprego eficiente de recursos e a reutilización de residuos.
Mediante a promoción da sustentabilidade e da economía circular en todo o mundo, o economista belga procura solucións para un novo modelo económico de modo que as empresas poidan crear riqueza respectando o medio ambiente.