'50 anos de Economía en Galicia'
A evolución e o momento actual da economía galega centra un congreso na USC
O Congreso ‘50 anos de Economía en Galicia’ estase a desenvolver na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais comounha das grandes citas do calendario de actividades conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha destes estudos na Universidade de Santiago de Compostela.
A inauguración do congreso este xoves contou coa presenza do reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño Rey; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro; e máis a decana do centro, Emilia Vázquez Rozas, que explicou o obxecto do cónclave: “Queremos dar a coñecerá sociedade a importancia que para o seu desenvolvemento teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos”.
A primeira mesa da xornada encarou a nova organización empresarial e contou coa presenza de importantes directivos do país, como José Antonio Varela González, Justino Bastida Calvo, Ramón Domínguez Rego, José Ramón Pérez Nieto, José Gabriel Barreiro Pérez e José María Fonseca Moretón, en representación do tecido empresarial galego. Poboación, condicións da vida foi a temática da segunda cita, coas achegas de María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, Eduardo Pis Sánchez e Bernardo Pena Trapero.
A terceira sesión centrouse na formación universitaria da man de José Díez de Castro, José Carlos De Miguel, Eduardo López Pereira e Emilia Vázquez Rozas, mentres que no seguinte panel sobre os cambios no sector industrial participaron Xoán Carmona Badía e Xan López Facal, encarando as principais mudanzas e permanencias na industria durante os cincuenta anos de vida dos estudos universitarios de economía en Galicia.
Xa pola tarde, Fernando González Laxe e María Do Carme García Negro tiñan previsto falar da importancia do sector pesqueiro, e María del Carmen Guisán Seijas e Maite Cancelo Márquez analizar a evolución positiva da industria en Galicia durante o período 1990-2007, así como as negativas consecuencias da crise sobre o índice de produción industrial. A última sesión do xoves, Recursos enerxéticos e mineiros, contou coa participación de Xoán Doldán García, Rosa Regueiro Ferreira e Xosé Antón Rodríguez González.
Xornada do venres
O Congreso afrontará na sesión do venres o mercado de traballo; os sectores agrario e forestal; o turismo como fonte de riqueza; os servizos financeiros e os cambios na banca; o gasto público; e a situación de Galicia en España e na UE.
A primeira cita, Mercado de traballo, reunirá a Alberto MeijideVecino, Melchor Fernández Fernández, Laura Hospido Quintana e Juan Ramón García López, mentres que sobre os cambios no sector agrario e forestal falarán Xosé Luis Quiñoá López, Edelmiro López Iglesias e María Loureiro García.A continuación, María Nava Castro Domínguez, Jose Antonio Fraiz Brea e Fidel Martínez Rogetafrontarán oturismo como fonte de riqueza.
Xa pola tarde, ‘Servizos financeiros e os cambios na banca’ é o título do relatorio con José Antonio Redondo López, Juan Ramón Quintás Seoane e Francisco Domínguez Martínez.A sesión sobre a evolución e control do gasto público estará a cargo de Luis Caramés Viétez e Miguel Ángel Vázquez Taín e, coma peche,‘Galicia en España e na UE’ sumará a Emilio Pérez Touriño e Jaime Barreiro Gil.
O congreso clausurarase este venres á tarde coa presenza do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Maria Dolores Álvarez Pérez; e a decana da Facultade.
A partir deste encontro publicarase un número especial da Revista Galega de Economía.