Organiza unha feira para promocionar o sector dos froitos vermellos
A Estrada converterase na capital galega dos berries
O Concello da Estrada convertirase este sábado, 11 de setembro, na capital dos berries galegos coa celebración da I Feira dos Froitos Vermellos.
O evento o foi presentado no Concello da Estrada, organizador da feira, por Anxos Pais, concelleira da Área de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira; Óscar Durán, concelleiro da Área de Promoción Económica, Comercio e Emprego; Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, e José María Mira, membro da asociación.
Na feira,que se desenvolverá celebrarase o sábado 11 pola mañá no Novo Mercado da Estrada participarán seis empresas produtoras de froitos vermellos e tres empresas que se dedican á elaboración de produtos con estos ingredientes, ademais doutros axentes e representantes do sector.
En concreto, estarán Río Ulla SAT, da Estrada (fresa e arandos); Frutos Finca Tilleira, de Salvaterra do Miño (arandos e produtos elaborados); Biofruitgalicia, da Estrada (arandos e produtos elaborados); Os Arandiños, de Vilalba (arandos e produtos elaborados), e Adrián Crespo, de Carral (fresas).
Outros colaboradores con posto serán a pastelería Mimela (A Estrada), especialista en repostería artesanal que levará para a venda dous trampantollos de fresa e arandos; Maruxío (A Estrada), obrador de galletas ecolóxicas. Presentará na feira dous produtos novos no mercado: pastas con licor café e arandos, e tarta de hoxaldre con mazá da Estrada e arandos; e A Casa do Pan (A Estrada), que traerá dous tipos de tarta de queixo con arandos.
A firma Ecoarándano (Santa Comba) apoia tamén a feira pero non estará presente con posto porque agora mesmo non teñen produto. Dedícanse ao arando e os physalis -que chegarán a finais de mes-.
Tanto o concello como Berries Galicia destacan que outros produtores galegos respaldan a iniciativa, pero debido á meteoroloxía tan cambiante os seus froitos víronse prexudicados polas xeadas e non poden participar pola falta de produto.
“Na Estrada tivo lugar a presentación oficial de Berries Galicia, porque no noso concello están asentados algúns dos produtores galegos e existe unha arraigada tradición en torno ao cultivo dos froitos vermellos, polo que esta feira é un paso máis no noso apoio á asociación”, afirmou na rolda de prensa Óscar Durán.
Pola súa parte, Anxos Pais considerou fundamental que “os concellos apoiemos a sectores galegos e locais con potencial como o dos froitos vermellos, que leva moitos anos traballando para ofrecer ao consumidor un produto de alta calidade”.
O Concello da Estrada organiza esta primeira feira da asociación e está a colaborar cos produtores noutras cuestións, como a cesión dun local situado no viveiro de empresas.
Ramiro Touceda, presidente de Berries Galicia, explicou que na feira os asistentes “poderán coñecer de primeira man os nosos produtos, como fresas, arandos, framboesas, grosellas e mouras, entre outros, e tamén a propia asociación, a primeira de produtores galegos de froitos vermellos”. O sector crea riqueza en zonas rurais que non teñen agora mesmo outras opcións e a asociación é importante desde o punto de vista do aporte técnico e anímico para os produtores”, apuntou José María Mira.
Por outra parte, establecementos da asociación ‘Hostaleiros da Estrada’ ofrecerán tapas e pinchos nos seus locais durante a xornada para apoiar e potenciar a produción e o consumo de berries galegos. A día de hoxe, están inscritos na iniciativa os locais Nolis, O Lar, Samana, Andalucia e Argentinos.
Sobre Berries Galicia
Berries Galicia é a primeira asociación de produtores galegos de froitos vermellos. Vende directamente ao consumidor e aos mercados maioristas para ofrecerlles un produto autóctono, sostible e de alta calidade, tanto de agricultura ecolóxica como convencional. O colectivo, de recente creación, está especializado nos froitos vermellos galegos como fresas, arandos, frambuesas, grosellas e mouras, entre outros.
Preto dunha vintena de asociados con plantacións na Estrada, Lalín, Silleda, Dodro, Teo, Vilalba, Santa Comba, Carral... suman forzas coas súas máis de 20 hectáreas de produción nun sector ata o de agora copado por grandes empresas foráneas e multinacionais.
Na actualidade, os asociados proceden de tres provincias: A Coruña, Lugo e Pontevedra. O seu obxectivo é ofrecer un produto galego e de alta calidade para chegar ao cliente final pero tamén poder abastecer tanto mercados maioristas e polo miúdo galegos como grandes mercados estatais, como Merca Madrid, Merca Barcelona ou Merca Zaragoza -cos que se atopan en fase de negociación-. Tamén están a contactar para distribuílos nas Illas Canarias. Berries Galicia traballa para proporcionar produto fresco en menos de 24 horas en calquera destes mercados, dando resposta á falta de infraestruturas loxísticas que sofre o sector.
Cada ano producen uns 14 toneladas de arándanos e 12 toneladas de fresas.