A través dun webinar da Asociación Área Empresarial do Tambre

Empresas santiaguesas informaranse sobre as obrigas en materia de igualdade

A Asociación Área Empresarial do Tambre organizará o luns 19 abril un webinar gratuíto sobre as obrigas empresariais en materia de igualdade, titulado “Plans e protocolos de igualdade”, en colaboración coa empresa Quality Consultores, socio colaborador da asociación empresarial.
Empresas santiaguesas informaranse sobre as obrigas en materia de igualdade
Gonzalo Abelenda, responsable do departamento de Consultoría de Quality Consultores.
Gonzalo Abelenda, responsable do departamento de Consultoría de Quality Consultores.

A xornada, que se emitirá pola plataforma Zoom ás 16 horas, será presentada polo presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés.

A finalidade do webinar é facilitarlle información e ferramentas ás empresas para cumplir coa lexislación vixente en materia de igualdade. Os relatores serán a directora xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Mancha, e o responsable do departamento de Consultoría de Quality Consultores, Gonzalo Abelenda, axente de igualdade, técnico na implantación de plans de igualdade e auditor salarial, tempo de traballo e igualdade na empresa.

A xornada dará resposta a unha serie de interrogantes, como cales son as obrigas das empresas en materia de igualdade, como se elabora o rexistro salarial, que prazos hai para cumprir coas obrigas ou que axudas hai para poder elaborar os plans de igualdade.

Os interesados en participar deben inscribirse e reservar a súa praza a través do teléfono 981 55 28 50 ou no correo electrónico [email protected].


 

Empresas santiaguesas informaranse sobre as obrigas en materia de igualdade