Este 8 de marzo
A Deputación de Ourense organiza o foro “Emprendedoras, en feminino”
A propia Luz Doporto abrirá o foro no Marcos Valcárcel. Despois da proxección do vídeo “Emprendedoras de Ourense”, a profesora de Organización de Empresas da UNED, Marta Solórzano, impartirá unha conferencia sobre a “empresa social no ámbito rural: mecanismos de innovación para mellorar a vida das persoas ante o reto demográfico”.
Avanza a deputada que, nesta edición, será homenaxeada María del Carmen Canal, fundadora e conselleira delegada de Aceites Abril. “Unha verdadeira pioneira neste eido”. Doporto moderará ás 18,30 horas do martes unha mesa redonda na que estará Canal, a presidenta da Confederación de Empresarios de Ourense, Marisol Nóvoa, e outras catro mulleres emprendedoras no rural: Inés Rodríguez, fundadora de Rir&Co, en Allariz; Araceli Macías, fundadora da Cooperativa Outonía, en A Veiga; Ana Álvarez, de Fabricación Cosmética Natural, en Sarreaus, e Leticia Rodríguez, arquitecta de RDL Estudio, en Ribadavia.
As 19,00 horas, María García Trincado, responsable da Área de emprendimiento na Fundación E.U. de Relacións Laborais de A Coruña, protagonizará a conferencia de clausura das xornadas. Trincado é unha conferenciante, “neuro-coach” executiva e adestradora de profesionais e equipos en alto rendemento. Pechará o acto o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, despois da entrega dun recoñecemento pola súa traxectoria profesional a María del Carmen Canal.
A deputada de Igualdade aposta pola continuidade do encontro “Emprendedoras, en feminino”: “Estas xornadas queren ser un evento de referencia, que homenaxee cada ano ás mulleres cun papel destacada, como xa fixemos en outras ocasións coas mulleres pioneiras”.