Xornada organizada polo CPEIG

Expertos analizarán en Santiago como afectan os ataques informáticos a empresas, Administracións Públicas e cidadáns

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebra o vindeiro xoves, 31 de maio, en Santiago  a “III Xornada de Ciberseguridade en Galicia”.

Expertos analizarán en Santiago como afectan os ataques informáticos a empresas, Administracións Públicas e cidadáns
20180528_ciberseguridade

Un amplo elenco de expertos en ciberseguridade daranse cita en Santiago de Compostela nesta xornada que se celebrará na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Con esta actividade, o CPEIG porá a comunidade galega á vangarda da seguridade e a privacidade, principais preocupacións actuais do empresariado, Administracións Públicas e particulares.

A xornada, que comezará ás 10:00 horas no salón de actos da EGAP, será inaugurada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez; o director de Prevención de Pérdida, Continuidade e Seguridade de Abanca, Roberto Baratta; o director Xeral de Emetel, Manuel Lago; e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia, Mar Pereira Álvarez.

A continuación, celebrarase unha mesa redonda sobre Administracións Públicas, moderada por Roberto Baratta, cos seguintes expertos: o director Xeral de INCIBE, Alberto Hernández Moreno; o delegado de Protección de Datos do Consejo General de la Abogacía Española, José Luis Piñar; e o xefe de Ciberseguridade do Centro Criptológico Nacional (CCN), Javier Candau.

A segunda mesa redonda estará centrada nas empresas e será moderada polo director de Transformación dixital e Seguridade de Emetel, Rafael Ave, e na que intervirán o Global Security & Compliance Strategist de Google Cloudat Google Inc., Julien Blánchez; o Security Technicallead de Microsoft, Fernando Rubio; o Strategist & Evangelist na oficina do CTO en Symantec,Ramsés Gallego; e o cofundador e coorganizador do evento RootedCON Román Ramírez.

A xornada conta co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca, Symantec, Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e Campus Innova (UDC).

O peche da xornada está previsto ás 14:10 horas coa intervención de Fernando Suárez e Roberto Baratta. A asistencia ao encontro é aberta, previa inscrición en https://iii-xornada-ciberseguridade.eventbrite.es.

Expertos analizarán en Santiago como afectan os ataques informáticos a empresas, Administracións Públicas e cidadáns