O 30 de xuño

O CPEIG organiza unha xornada sobre intelixencia artificial en colaboración coa CEO

As oportunidades, regulación e medos sobre a intelixencia artificial (IA) serán analizados nunha xornada que terá lugar o vindeiro venres 30 de xuño en Ourense.  

O CPEIG organiza unha xornada sobre intelixencia artificial en colaboración coa CEO
Cartel da xornada sobre intelixencia artificial.
Cartel da xornada sobre intelixencia artificial.

Marisol Nóvoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), presentará o acto, no que tamén intervirán Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e Víctor Salgado, socio director da firma Pintos & Salgado Abogados.

A charla, que forma parte dun ciclo de conferencias, terá lugar na sede entidade empresarial en Ourense, de 10 a 11:30 horas e poderase seguir tanto en modalidade presencial coma online. Nela preténdese achegar a IA ao sector empresarial e ao público en xeral interesado nesta disciplina das ciencias da computación.

O CPEIG organiza unha xornada sobre intelixencia artificial en colaboración coa CEO