Terá lugar o vindeiro 21 de febreiro
A CEG acolle a xornada “Galego e empresa: abrindo novos mercados”
A Confederación de Empresarios de Galicia acolle o vindeiro 21 de febreiro a xornada “Galego e empresa: abrindo novos mercados”.
O acto, no que se presetará o Foro E. Peinador, comeza ás 12:00 horas e terá lugar na Sede da CEG; situada na rúa do Vilar, nº 54, en Santiago de Compostela.
Antonio Fontenla Ramil, representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, encargarase de abrir o acto. A continuación, o presidente do Foro E. Peinador, Xosé González Martínez, presentará esta institución, que busca fomentar a normalización e o uso do galego no mundo da empresa e da economía. No acto tamén se proxectará un microdocumental e intervirán representantes de distintas empresas que contarán a súa experiencia co uso do galego nas súas relacións comerciais. Pechará o acto Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.
Esta xornada, dunha hora aproximada de duración, está dirixida a organización empresariais e empresas, empresarios e empresarias así como público interesado na materia. Para asistir é necesario anotarse previamente enviando o nome, apelidos e un teléfono de contacto a [email protected] ou chamando ao 981 555 888.