O próximo 28 de novembro no Campus de Ferrol
A Cátedra Greenalia-UDC para a transición enerxética organiza unha xornada sobre o futuro do hidróxeno verde en Galicia
A Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética organiza o foro “O futuro do hidróxeno verde desde a perspectiva galega: Retos e oportunidades”, no que se abordará a oportunidade económica, investigadora e industrial que se abre co desenvolvemento do hidróxeno verde en Galicia.
A Cátedra Greenalia-UDC para a Transición Enerxética é unha iniciativa que prevé a transferencia de coñecementos sobre o impacto do cambio climático, o proceso de descarbonización e a transición enerxética, con especial atención aos seus efectos en Galicia.
Carlos Bravo, consultor ambiental experto en clima e enerxía, e representante de Transport&Enviroment, unha federación a nivel europeo de organizacións non gubernamentais dedicadas ao transporte, será o encargado da conferencia inaugural.
Participación de diversos sectores
Posteriormente, tres mesas redondas completarán a xornada onde se abordarán diversos temas relacionados co sector.
A primeira delas, adicada ás tendencias en investigación en hidróxeno verde, contará coa presenza de Fernando Val, director de EnergyLab; Roberto Campana, director científico da Unidade de Investigación do Centro Nacional de Hidróxeno; Juan Manuel Bermúdez, Investigador RyC da UDC; Adrián Rodrıguez, responsable de Desenvolvemento de ́Negocio de CETIM Centro Tecnolóxico e Pablo Carrasco, xestor de proxectos e especialista en enerxía do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
Na segunda abordarase, desde unha perspectiva reguladora, de tramitación e loxística, o papel das administracións e institucións no desenvolvemento do hidróxeno verde e nela participarán Nicolás Vázquez, secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia; Juan Diego Pérez, director do Porto da Coruña; Javier Calviño Gómez, xefe do departamento de Servizos Técnicos e Planificación na Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao; e Javier Dıaz, tenente alcalde do Concello ́ de Ferrol.
Por último, a terceira mesa xirará en torno ao valor empresarial do hidróxeno verde en Galicia, no que estarán Raúl Martín, responsable de eólica mariña e ́hidróxeno en Greenalia; Julio Hidalgo, director da división de hidróxeno de Univergy Solar; Brais Armiño, socio consultor en AtlantHy; Alberto López, director financeiro de Forestal do Atlántico; e Francisco Méndez, responsable de estratexias industriais de CCOO de Industria de Galicia.
O foro, que se desenvolverá tanto en formato presencial como online, e con inscripción gratuita, terá lugar o próximo 28 de novembro.