No marco da Rede Eusumo
A Cámara de Santiago organiza 16 charlas divulgativas sobre emprendemento e cooperativismo
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará nos vindeiros meses dezaséis xornadas de fomento do espírito emprendedor, cofinanciadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo.
O persoal técnico da Cámara de Comercio impartirá as charlas divulgativas e dirixirá as visitas ao viveiro de empresas cameral, situado no Polígono de Costa Vella da capital galega.
O obxecto das charlas é contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendedor desde idades temperás; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademais, as xornadas están destinadas a transmitir valores empresariais e cooperativos vinculados á economía social, e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais.
A Cámara de Comercio de Santiago deseñou estas xornadas cun compoñente claramente didáctico e diáfano, adaptadas aos distintos niveis educativos e culturais dos estudantes. As sesións son de carácter informativo e divulgativo para estimular o autoemprego e o mundo da empresa de economía social como unha posibilidade real de integración real no mercado laboral.
O primeiro centro educativo en participar na iniciativa esta ano será o IES de Melide, o próximo xoves 23 de marzo.