Unha xornada da DGYPYME, a OEPM e a Cámara de Comercio de España
A Cámara de Santiago ensina ás empresas a protexer a propiedade industrial e intelectual
A Cámara de Comercio de Santiago, a través do programa InnoCámaras, organiza este martes a xornada “Como protexer o teu negocio para facer que sexa máis rendible”.
O curso, que comezará ás dez da mañá e terá lugar na sede da Cámara de Comercio de Santiago, é unha iniciativa conxunta da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (DGIPYME), a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) e a Cámara de Comercio de España, co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Na mesma participarán: Rosa Mary Cardeso Trillo, secretaria xeral da Cámara de Santiago, Anselmo Díaz Romero, responsable do Departamento de Innovación, Abelardo Nimo Silva, xefe do Departamento de Xestión de Innovación – SEGAPI, e Elena Ulloa, xefa do Servizo de Apoio á Empresa da Oficina Española de Patentes e Marcas.
Ao longo da xornada, os asistentes, coñecerán de primeira man as mellores opcións para a protección da propiedade industrial, intelectual e innovación, así como os conceptos clave acerca das marcas e nomes comerciais e a maneira máis eficaz de xestionar e rentabilizar a propiedade unha vez obtidos e rexistrados os correspondentes dereitos. Ademais na sesión exporase un caso práctico empresarial con Hércules Control.
O acto permitirá compartir con outras empresas e ca Oficina Española de Patentes e Marcas experiencias en relación á protección das invencións, marcas e deseños e o seu efecto sobre a capacidade innovadora das compañías.