Este luns 25, ás 20:15 horas no salón de actos
A Cámara compostelá presenta cursos de contabilidade e xestión laboral organizados polo IECE
A Cámara de Comercio de Santiago presenta este luns 25, unha nova edición dos cursos prácticos de “Contabilidade e análise de balances” e “Xestión e práctica laboral”, que organiza o Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE) en colaboración coa entidade cameral e o Colexio de Avogados de Santiago.
Estes cursos, de carácter práctico, impartiranse nas aulas formativas da Cámara de Comercio do 1 ao 30 de abril. Os participantes poderán aprender en pouco tempo a levar correctamente a contabilidade dunha pequena e mediana empresa e tamén a controlar a administración dun departamento de persoal para aumentar a rendibilidade do negocio. Están dirixidos a un amplo colectivo que necesita coñecer a contabilidade, ben para o seu quefacer diario ou por responsabilidade para recibir información financeira da empresa e tomar decisións contables, administrativas, directivas, xudíricas ou de formación relevantes.
Estes cursos son bonificables pola Fundación Tripartita. Ademais, as empresas asociadas á Cámara de Comercio de Santiago recibirán descontos ventaxosos para cursar a formación. Os interesados en participar poden solicitar información e inscribirse nas dependencias da entidade cameral.
O director de Zona de IECE, José Ramón Secades, presentará a xornada este luns, ás 20:15 horas no salón de actos da Cámara compostelá.