Pola situación sanitaria causada polo coronavirus
Aprázase a Mostra de Cultivos do Baixo Miño
A decisión tómase unha vez constatado que a práctica totalidade dos profesionais que ían asistir ao evento esta fin de semana, que proceden de Italia, Portugal, Madrid ou Valencia, entre outros, algúns dos focos principais do Covid-19, cancelaron a súa asistencia por este motivo.
Trátase dunha decisión tomada no marco do protocolo de prevención e contención de contaxios por coronavirus. A decisión tamén recolle "as inquedanzas das compañías que manteñen relacións comerciais coas empresas do Baixo Miño e que cada ano visitan a Mostra de Cultivos, que recomendaban a cancelación de toda viaxe de carácter profesional", sinalan a Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño nun comunicado .
Este aprazamento prodúcese sine die. Daranse a coñecer a novas datas de celebración da 17ª Mostra de Cultivos cando a situación sanitaria se regularice.