O 12 de setembro, en Santiago
Aesgal organiza un novo ‘Economía Social Meeting’ sobre a plataforma de crowdfunding Goteo
“O obxectivo desta xornada é dar a coñecer outras vías de financiamento que comparten os principios da economía social e que, polo tanto, poderían encaixar en moitas empresas”, explica a xerente de Aesgal, Berta Lema.
O codirector da Fundación Goteo, Mauricio O’Brien, informará sobre as diferentes actividades que realizan e as diversas liñas de financiamento que ofrecen, como o citado crowdfunding ou o matchunding. Unha intervención que terá lugar nunha xuntanza que aposta pola participación das persoas asistentes e o intercambio de experiencias.
O evento celebrarase o xoves 12 de setembro en Santiago de Compostela no edificio CERSIA Empresa de 10 a 13 horas.
Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo, desenvolvida de xeito colaborativo entre as entidades que constitúen o Foro pola Economía Social Galega: Agaca, Cegasal, AEIGA, Espazocoop e a propia Aesgal.