A convocatoria foi aprazada
Aesgal invita ás sociedades laborais a participar no V Encontro Facendo Empresa
A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal) pospón a celebración do V Encontro Facendo Empresa en Santiago de Compostela, previsto inicialmente para o 30 de setembro, ao non completarse o aforo previsto.
27 sept 2019
Aesgal organiza esta xornada co propósito de promover redes de colaboración e apoio entre as sociedades laborais galegas desde a marca "Facendo Empresa"; un selo colectivo mediante o cal reforzar a súa visibilidade, potenciar a intercooperación e as oportunidades de negocio e defender os seus intereses. A súa utilización é de balde e aplícase de xeito automático ao adherirse á asociación.
O evento networking, realizado no marco da Rede Eusumo, ábrese nesta ocasión para todas as sociedades laborais galegas, con independencia da súa pertenza á Aesgal e "Facendo Empresa", para darlles a coñecer tamén a marca e convidalas a participar dela.
As empresas que desexen asistir ao V Encontro Facendo Empresa poden inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected] para reservar a súa praza. Aesgal informará proximamente da nova data da xornada.