O mércores 18 de decembro
A AEF analizará a transformación dixital das empresas
Nesta xornada, organizada coa financiación da Deputación da Coruña, a Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) amosará exemplos da transformación e as súas consecuencias, e exporá a maneira en que as tecnoloxías afectan, ou non, a empresas da contorna. Á vez, os asistentes poderán comprobar como a adaptación a estes cambios impacta na organización mesma das empresas.
A xornada será presentada polo presidente da AEF, José Ramón Franco. A primeira parte da sesión estará enfocada a falar da tecnoloxía en si mesma. Miguel Vidal, CTO da startup ferrolá Ártabro Tech, analizará os cambios que se están a producir e os que están por vir, así como a maneira en que estes avances van a afectar ás empresas non tecnolóxicas. Na segunda parte, Eugenia Juncal, directora de Área do Grupo Atlante, vai analizar a forma de afrontar esta transformación desde o punto de vista das persoas e das estruturas organizativas. Ambos relatores sitúanse entre os máximos referentes da aplicación das novas tecnoloxías no ámbito empresarial galego.
Os interesados en asistir á xornada, que terá lugar o día 18 a partir das 19 horas no Sercotel Odeón de Narón, deben confirmar asistencia, por motivos de aforo, no no 981 333 305 ou no correo [email protected].