Con presenza e patrocinio na 40ª Feira Internacional Abanca-Semana Verde
Abanca reafirma o seu compromiso co sector primario galego
Na liña do seu compromiso co sector primario, Abanca apoia un ano máis a celebración da Feira Internacional Abanca-Semana Verde de Galicia.
Un certame de referencia no sector primario do noroeste que este ano cumpre catro décadas con máis de 630 expositores. O presidente de Abanca, Javier Etcheverría de la Muela, participaron no acto de inauguración da feira, xunto ao director de Banca de Empresas e Pemes , Víctor Casal, e o director de Abanca Agro, Jesús Combarro.
A proposta de valor coa que a entidade financeira galega acude ao certame toma como base a súa unidade especializada Abanca Agro, que se presentou precisamente nesta feira hai agora dous anos. Esta división centrada no sector primario conta co maior número de xestores especializados e formados nas necesidades do colectivo na comunidade. Xunto a isto, o banco con sede en Galicia presentará o seu catálogo sectorial de crédito e facilitará información en detalle dos convenios actualmente en vigor e que son de aplicación ao sector. A entidade ten firmado máis de 40 convenios de colaboración financeira con axentes relevantes do primario como asociacións de gandeiros, explotacións animais, cooperativas, viticultores ou pequenos produtores.
Esta destacada presenza na feira consolida a aposta de Abanca por un sector no que xa é líder en Galicia, tanto en número de oficinas como de xestores especializados. Unha fortaleza que afianza ao banco omo primeira entidade en domiciliación de axudas PAC de Galicia, cun incremento de tres décimas sobre o pasado ano.
Patrocinador de referenecia
Hai xusto dous anos ABANCA comprometeuse coa viabilidade deste certame e de outros que se celebran no recinto feiral de Silleda e converteuse en patrocinador de referencia. A entidade financeira tamén forma parte do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia desde o ano 2000 e é o socio financeiro exclusivo desta entidade.