O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro.
A Xunta impulsa a inserción laboral de persoas con discapacidade con 10 millóns de euros en axudas
A publicación, este luns, no Diario Oficial de Galicia (DOG) do programa de incentivos aos centros especiais de emprego (CEE), dotado con preto de dez millóns de euros, busca favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade.
Con esta iniciativa, promovida pola ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade, a Xunta agarda poder beneficiar preto de 4.000 persoas traballadoras con discapacidade e crear máis de 125 postos de traballo indefinido, a través dos 126 centros especiais de emprego (CEE) rexistrados na nosa comunidade.
O programa inclúe tres liñas de axuda: a primeira, para o mantemento do custo salarial nos CEE; a segunda, para financiar as unidades de apoio á actividade profesional; e, por último, unha terceira que promoverá a creación de postos estables para persoas con discapacidade e a adaptación de postos nestes centros.
A liña que conta con máis orzamento, 9,1 millóns de euros, destinarase a manter os custos salariais e os empregos das persoas traballadoras con discapacidade nos CEE, que recibirán importes equivalentes ao 50% do Salario MÃnimo Interprofesional (SMI).
Por outra banda, un total de 500.000 euros desdicaranse a financiar os custos salariais da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio a esas persoas con maiores obstáculos para atopar traballo.
Finalmente, os restantes 335.000 euros, distribuirase en achegas para dar estabilidade aos postos de traballo mediante a contratación indefinida con incentivos de ata 25.000 euros por posto creado a xornada completa en función das caracterÃsticas da persoa traballadora; e para a adaptación de postos de traballo ás condicións das persoas con ata 2.000 euros por cada un.
Estas axudas encádranse nos diferentes programas da Xunta de apoio á discapacidade e ás persoas en exclusión social, co fin de favorecer a súa integración laboral no sistema produtivo a través dos centros especiais de emprego.
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 11 de outubro.