A partir do16 de xaneiro poderán presentarse as solicitudes para participar nos procesos

A Xunta estabilizará máis de 5.600 prazas de emprego público

A Xunta de Galicia publica este luns e martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) 5.647 prazas correspondentes ao proceso de estabilización do emprego establecido na Lei 20/21 do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. 

A Xunta estabilizará máis de 5.600 prazas de emprego público
Igape Responde ofrece asesoramiento inmediato a autónomos y pymes para reactivar su actividad.
A Xunta convocará 5.647 prazas correspondentes ao proceso de estabilización do emprego

5.029 prazas de emprego na Administración galega serán provistas polo sistema de concurso de méritos e as 618 restantes a través dun concurso-oposición. En total, o DOG publicará 217 procesos, 153 de concurso de méritos (publicados hoxe) e 64 de concurso-oposición que se publicarán mañá. A Xunta da así cumprimento aos prazos marcados pola Lei 20/21.

A Lei aprobada polo Goberno central distingue dous tipos de procesos: un de estabilización mediante o sistema de concurso de méritos no que se valorarán exclusivamente os méritos e outro a través do sistema de concurso-oposición que comporta a realización de exames.

O primeiro dos procesos empregarase para seleccionar todas as prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e de xeito ininterrompido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, mentres que o segundo será de aplicación ás prazas ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos os tres anos anteriores ao 31 de decembro do ano 2020.

Coa incorporación de persoal fixo nestas prazas de estabilización, máis as prazas xa convocadas, a taxa de temporalidade situarase por debaixo do obxectivo do 8% fixado pola lexislación do Estado.

Concurso de méritos

As 5.029 prazas ás que se accederá por concurso de méritos repártense do seguinte xeito: 531 prazas para o subgrupo A1/grupo I; 661 para o subgrupo A2/grupo II; 924 para o subgrupo C1/grupo III; 1.740 para o subgrupo C2/grupo IV e 1.173 prazas para a agrupación profesional de persoal funcionario AP/grupo V.

Dentro delas, destacan no ámbito administrativo, a convocatoria dun importante número de prazas para o Corpo superior da Administración Xeral; o Corpo de xestión; o Corpo administrativo; o Corpo auxiliar ou para a escala de persoal subalterno.

Ademais, tamén se convocan prazas na especialidade de persoal de limpeza e cociña; na especialidade de educación infantil; na escala auxiliar de coidadores; na de auxiliar de clínica; na especialidade de bombeiro/a forestal ou na escala de persoal de servizos xerais (PSX), entre outras.

Concurso-oposición

En canto ás 618 prazas ás que se accederá a través do sistema de concurso-oposición e que se publicarán este martes, segréganse en 47 para o subgrupo A1/grupo I; 77 para o subgrupo A2/grupo II, 129 para o subgrupo C1/grupo III; 229 para o subgrupo C2/grupo IV e 134 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP)/grupo V.

O prazo para a presentación de solicitudes nestes procesos de estabilización de emprego comeza o día 16 de xaneiro e remata o 10 de febreiro de 2023.

A Xunta estabilizará máis de 5.600 prazas de emprego público