146 serán de acceso libre
Publicadas as convocatorias de oposicións para cubrir 195 prazas de emprego público
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou sete convocatorias de oposicións para cubrir 195 prazas de emprego público na Xunta de Galicia, das que 146 son de acceso libre e 49 de promoción interna.
As convocatorias publicadas inclúen procesos selectivos para reforzar distintos centros e servizos da Xunta de Galicia. En concreto, convócanse 130 prazas na escala técnica de orientación laboral (A2); 20 na escala técnica de condución (C1); 16 prazas na escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1); 10 na escala de letrados (A1); 7 prazas na escala de inspección turística; 6 na escala superior de orientación laboral (A1) e outras 6 prazas na escala superior de estatísticos.
Serán en total, 195 prazas, das que a maioría son de acceso libre, 146, e 49 de promoción interna. Neste último caso, as prazas que non queden cubertas sumaránse ás de acceso libre.
Todas as convocatorias inclúen as normas xerais, os requisitos que deben posuír as persoas que queren inscribirse nas probas, os exercicios a realizar e os programas que rexerán os distintos procesos selectivos. Posteriormente, a Xunta publicará a lista de persoas admitidas e excluídas en cada convocatoria.
O prazo de inscrición de solicitudes é de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.