Plan de Práctica Laboral

A Deputación de Pontevedra ofertará 162 bolsas de prácticas nos municipios de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha unha nova edición do Plan de Práctica Laboral nos 59 concellos pontevedreses de menos de 50.000 habitantes, a través do cal ofrece 162 bolsas de práctica laboral. 

A Deputación de Pontevedra ofertará 162 bolsas de prácticas nos municipios de menos de 50.000 habitantes
Deputación de Pontevedra.
Deputación de Pontevedra.

O obxectivo do Plan de Práctica Laboral é promover e completar a formación de persoas con titulación universitaria ou formación profesional de ciclo superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, mediante a realización dun proxecto formativo que lles poida proporcionar a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Os concellos que queiran solicitar estas bolsas terán de prazo ata o 26 de febreiro. Xunto ao formulario de solicitude, os concellos achegarán o acordo favorable, por parte do órgano competente, de adhesión ao Plan de Práctica Laboral, así como o proxecto de práctica laboral que se vai desenvolver, no que se inclúe o perfil das persoas bolseiras e, entre outras cuestións, o contido das tarefas que van realizar. 

As 162 bolsas do Plan de Práctica Laboral nos concellos distribuirase en función de criterios de poboación, de xeito que os 23 concellos de ata 5.000 habitantes e os 14 de entre 5.001 e 10.000 disporán de dúas bolsas cada un e, os oito de entre 10.001 e 15.000 mailos 14 de entre  15.001 e 50.000 habitantes terán á súa disposición catro prazas cada un.

Novidades

As novidades máis salientables este ano son a necesidade de solicitar unha titulación suplente para cada unha das bolsas solicitadas. Amais, nos casos de renuncia da persoa bolseira antes da finalización da bolsa, poderase solicitar a súa substitución sempre que non transcorra un prazo superior a catro meses desde a data de inicio da bolsa.  

Amais destas 162 bolsas nos concellos da provincia, o Plan de Práctica Laboral de 2018 ofertará tamén outras 38 bolsas nos servizos da institución provincial co obxectivo de impulsar a formación práctica e facilitar a inserción laboral das persoas recentemente graduadas en formación profesional ou tituladas universitarias.

A Deputación de Pontevedra ofertará 162 bolsas de prácticas nos municipios de menos de 50.000 habitantes