Crearase un centro de formación especializado na Cidade das TIC

O Plan galego de formación para o emprego recibirá 117 millóns en 2024

Os orzamentos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinarán en 2024 á área de Formación para o Emprego e Orientación máis de 232 millóns de euros, dos que máis de 117 millóns serán para o novo Plan galego de formación para o emprego, un 12,9% máis que este ano.
O Plan galego de formación para o emprego recibirá 117 millóns en 2024
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, durante a xornada "A formación para o emprego en Galicia", celebrada en Santiago.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, durante a xornada "A formación para o emprego en Galicia", celebrada en Santiago.

Así o anunciou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, durante a xornada "A formación para o emprego en Galicia: análise actual e retos de futuro", celebrada na Cidade da Cultura de Santiago. Rivo destacou a importancia da formación para o emprego e explicou que coa transformación que está a vivir o mercado de traballo revelouse a gran importancia que ten porque, nas súa palabras, se demostrou necesaria para as persoas traballadoras, que están ou non en activo.

Rivo indicou que nunha economía cada vez máis globalizada, esta cualificación eríxese como un modelo que redunda nunha mellora da produtividade e a competitividade empresarial. Ademais, segundo apuntou a conselleira, esta formación promove que as competencias adquiridas polos traballadores, a través da súa cualificación ou da experiencia laboral, sexa obxecto de acreditación.

Por iso, Rivo avanzou que co investimento de 117 millóns de euros no novo Plan galego de formación para o emprego levaranse a cabo, entre outras, dúas iniciativas novidosas relacionadas coas novas tecnoloxías: a creación dun centro de formación especializado na Cidade das TIC da Coruña e o impulso da Rede de centros asociados de formación para o emprego.

A conselleira concretou que a Xunta seguirá a apostar por formacións de curta duración e flexibles dirixidas a persoas ocupadas e desempregadas, as microcredenciais, un sistema polo que se avoga en Europa porque permite unha actualización dos coñecementos, capacidades e competencias dun xeito áxil, contribuíndo á mellora das oportunidades laborais das persoas traballadoras.

A titular de Promoción do Emprego salientou, ademais, que o Plan galego de formación para o emprego seguirá a deseñarse da man dos axentes económicos e sociais.

O Plan galego de formación para o emprego recibirá 117 millóns en 2024