Chegará a máis de 20.700 traballadores

O plan autonómico para formar persoas ocupadas contará cun orzamento de case 9,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a ampliación do investimento, ata os 9,5 millóns de euros, da convocatoria coa que a Xunta quere mellorar a formación demandada para os profesionais no período 2023-2024.

 

 

O plan autonómico para formar persoas ocupadas contará cun orzamento de case 9,5 millóns de euros
Asime oferta cursos en sus sedes de Vigo, Narón y Lugo y en formato online.
O orzamento facilitará a formación de máis de 20.700 persoas ocupadas a través de centros e entidades de formación profesional.

O incremento dun 41% sobre o presuposto de partida, que pasa dos 5,5 millóns de euros aos case 9,5 millóns, permitirá incrementar o número de accións formativas a desenvolver ata acadar as 787.

Desta maneira, permitirase a formación de máis de 20.700 persoas ocupadas a través de centros e entidades de formación profesional acreditada co obxectivo de dar resposta ás demandas de cualificación e do mercado laboral.

A convocatoria, que se dirixe a entidades titulares de centros ou entidades de formación, prioriza a oferta en especialidades formativas con maior demanda, a diversificación territorial do alumnado e a variedade dos cursos. Ademáis, o alumnado, por primeira vez, pode simultanear dúas formacións.

Detalles da convocatoria

Este plan está dirixido prioritariamente a persoas que estean ocupadas no comezo da formación aínda que a Xunta permite que poidan participar nas accións tamén persoas traballadoras desempregadas, ata un límite do 30% do número de participantes.

Así, poden beneficiarse das accións persoas traballadoras ou socias das empresas da economía social que acheguen actividade económica, tamén autónomas e autónomos e persoal afectado por medidas temporais de suspensión de contrato (como ERTEs), ou dun expediente de regulación de emprego (ERE).

Entre os colectivos prioritarios para recibir formación atópanse as mulleres, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos ou maiores de 45, persoas traballadoras a tempo parcial, emigrantes retornados e persoas inmersas en ERTE. Como en anteriores edicións mantense o apoio ás actividades formativas con participación do 100% do alumnado con discapacidade.

As accións formativas iniciadas neste 2023 deberán rematar como data límite o 20 de decembro. Para as que abrangan as dúas anualidades (2023 e 2024) ou teñan lugar soamente en 2024, deberán finalizar antes do 30 de setembro de 2024.

O plan autonómico para formar persoas ocupadas contará cun orzamento de case 9,5 millóns de euros