Para contratos indefinidos ou fixos-descontinuos
O novo programa Muller 22 facilitará incentivos de ata 6.000 euros para a contratación de mulleres desempregadas
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria do novo programa Muller 22 da Xunta, dotado con 6 millóns de euros de orzamento, que facilitará incentivos de 6.000 euros para a contratación inicial de ata 1.000 mulleres desempregadas.
O obxectivo desta orde de axudas consiste en contribuÃr á incorporación de traballadoras ao mercado laboral no actual contexto de recuperación. Para iso, persoas traballadoras autónomas, empresas e entidades de economÃa social poden acceder aos apoios que se poden destinar á contratación indefinida das mulleres desde o pasado 1 de xaneiro ata o 30 de setembro, ou mediante a modalidade de fixo-descontinuas por un mÃnimo de 9 meses e xornada completa.
Poderán incorporar asÃ, mulleres desempregadas que deberán figurar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación e que, por tanto, carezan de ocupación.
O prazo de solicitude ábres este martes 5 de xullo e terá vixencia ata o próximo 30 de setembro.
Esta nova orde de axuda, que se financia con cargo aos fondos Mecanismo de recuperación e resiliencia, enmárcase no Plan Emprega Muller da ConsellerÃa de Promoción do Emprego e Igualdade, dotado con 35,8 millóns de euros para atender as necesidades laborais e de formación das mulleres, como colectivo prioritario.