Femenino é dixital, e Emega

As mulleres, foco de atención de dous programas de formación e emprendemento da Administración galega

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou ás principais asociacións de mulleres autónomas, empresarias e mentoras de Galicia a iniciativa Feminino é dixital que forma parte do programa Autónomos Dixitais.

As mulleres, foco de atención de dous programas de formación e emprendemento da Administración galega
El Servicio Público de Empleo Estatal ha puesto en marcha un plan de formación dirigido a trabajadores de microempresas, emprendedores y autónomos.
A Xunta apoia a formación dixital das autónomas e o emprendemento feminino, a través dos programas Feminino é dixital e Emega.

Na presentación de Feminino é dixital, a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou a importancia de adaptarse o antes posible á nova era dixital e dar resposta aos novos perfís profesionais relacionados co marketing, a analítica dixital ou o comercio electrónico que o mercado laboral vén demandando, con máis intensidade desde que comezou a pandemia, indicando, neste senso, que a Xunta, por iso, está apostando “por unha formación sen fronteiras que permita ter unha visión global do mercado”. Apuntou, ademais, que o e-commerce adquiriu moita importancia ao longo da pandemia, nacendo novos hábitos na compra de produtos.

Lado incidiu en que a iniciativa non só está dirixida ás autónomas dadas de alta, senón tamén a aquelas que tiveron que pechar os seus negocios como consecuencia da pandemia co obxectivo de que teñan acceso a unha segunda oportunidade a través da dixitalización. A formación, ademais de gratuíta, é flexible e adaptable aos horarios de preferencia. Impártese a través dunha aula dixital e conta con titorización persoal.

Feminino é dixital, que comezará o próximo 26 de maio, forma parte do programa Autónomos Dixitais que este ano se dirixe a catro perfís: ademais das mulleres, a menores de 30 anos; persoas entre 31 e 44 anos; e maiores de 45 anos. Para cada un deses catro perfís impartiranse dous cursos en formato dixital: un básico sobre fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico; e un avanzado, de especialista en e-commerce.

Cada curso consta de 50 horas de formación e ao remate os alumnos e alumnas recibirán un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta. As persoas interesadas en participar nos cursos poden solicitar a súa praza a través da páxina web de Autónomos Dixitais ou da Oficina do Autónomo da Xunta.

Apoio ao emprendemento feminino

Doutra banda, a Xunta agarda convocar o antes posible a nova edición do programa Emega de emprendemento feminino, á que lle vai dedicar un orzamento de tres millóns de euros (un 40% máis que o ano pasado) co propósito de dar acubillo a máis iniciativas promovidas por mulleres e a xeración de máis postos de traballo feminino.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo este xoves un encontro telemático cunha das beneficiarias do programa Emega, que co proxecto Legalmit, radicado en Lugo e encadrado no ámbito das novas tecnoloxías adaptadas ao exercicio da avogacía, foi unha das 197 empresas creadas en 2020 co apoio da Xunta.

O programa de emprendemento está estruturado en catro liñas de actuación: A liña Emprende, que está destinada a posta en marcha de novas empresas; Innova, para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres; Activa, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais; e ITEF, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica.

A Xunta ofrece ademais dúas modalidades de axudas complementarias: Concilia, de apoio á conciliación da vida laboral, persoal e familiar; e Dual para impulsar a participación das promotoras no programa de acompañamento e titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais apoiados ao abeiro desta convocatoria, que desde o ano 2019 abrangue a todas as beneficiarias das axudas Emega.

 

 

 

As mulleres, foco de atención de dous programas de formación e emprendemento da Administración galega