Correspondentes aos subgrupos A1, C1 e C2

Este martes abre o prazo para inscribirse nas oposicións de 297 prazas de emprego público na Xunta

A Xunta de Galicia abre este martes o prazo para inscribirse nas oposicións para 297 prazas de emprego público, tras publicar este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) as convocatorias para o acceso aos subgrupos A1, C1 e C2 da Administración xeral polo sistema de oposición libre.
Este martes abre o prazo para inscribirse nas oposicións de 297 prazas de emprego público na Xunta
Un proceso selectivo de la Administración gallega.
A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións de 297 prazas de emprego público

Estas prazas corresponden ás Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2020 e 2021 e forman parte das 720 prazas de emprego público que se cubrirán polo sistema de oposición libre anunciadas no mes de marzo. Destas 720 un total de 423 xa foron convocadas e agora complétanse con estas 297 prazas.

Este sistema de oposición libre permite que a estas probas poida presentarse calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas convocatorias, e as súas posibilidades de lograr unha praza dependerán exclusivamente da preparación e do esforzo realizado polos aspirantes no proceso selectivo.

A Consellería de Facenda e Administración Pública propón esta medida co obxectivo de rexuvenecer os cadros de persoal da Administración autonómica e tamén para ofrecer unha oportunidade de emprego estable tanto a aqueles mozos e mozas que remataron os seus estudos recentemente como ás persoas sen experiencia profesional na Administración.

Estas convocatorias son adicionais ás dos procesos de estabilización de emprego que se desenvolven ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que se publicaron a finais de maio.

Inscricións

O prazo de inscrición para estas oposicións da Xunta ábrese o martes  28 de xuño e remata o 26 de xullo, co que as persoas interesadas en participar nos procesos selectivos terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública e aboar a taxa correspondente.

Este martes abre o prazo para inscribirse nas oposicións de 297 prazas de emprego público na Xunta