Inscricións abertas
O Igape impartirá un curso de márketing dixital
O programa “Ferramentas para o crecemento internacional”, organizado polo Igape a través do seu campus internacional, desenvolveráse de maneira online en sesións de tarde entre o 5 de outubro e o 19 de decembro.
Esta formacion gratuita, que ten o prazo de inscrición aberto ata o 2 de outubro, está dirixida a responsables de desenvolvemento de negocio, márketing, comunicación e emprendedores/as de todos os sectores.
Juan Tojo, director académico do programa, conta con máis de 25 anos de experiencia internacional, colaborando en proxectos para diversas institucións tanto das Administracións europeas como nacionais e autonómicas.
O programa, que consta de 5 módulos temáticos de formación en marketing dixital, comezará cunha clase maxistral, o xoves 5 de outubro, impartida por Iñaki Gorostiza, socio e director do Departamento de Análise Dixital na empresa de consultoría dixital LIN3S, e Laura González, subdirectora de Internacionalización do Igape.
O primeiro módulo, dirixido por Alejandro López, director da axencia Antípodes Dixital, é unha introducción ao marketing dixital, na que se tratará a terminoloxía e os fundamentos da publicidade en internet, así como ferramentas e principais indicadores.
O segundo módulo tratará sobre as ferramentas SEO, para a análise e medición do tráfico e interacción de sitios web e aplicacións, a cargo de Jordi Ordóñez, consultor eCommerce & Amazon.
No terceiro módulo, orientado á xestion de plataformas de publicidade e ao seu funcionamento para a promoción de productos, abordaránse as ferramentas SEM da man de Google e Amazon.
O cuarto módulo, as ferramentas de social media, abarca o uso de ferramentas co fin aprender a analizar e administrar as contas de social media e Borja Anguita, fundador de Internet Factory (agora Yslandia), referente entre as axencias dixitais creativas, será o ponente.
Finalmente, o quinto e último módulo centraráse no comercio electrónico CMS co fin de aprender os fundamentos para crear e xestionar unha tenda en liña e será impartido por Víctor Álvarez, creador de Fantasticfy, axencia especializada en varias plataformas ecommerce e certificada por Shopify.
A última sesión, a cargo de Ruth Pereira, técnica responsable de promoción internacional do Igape, celebraráse o 19 de decembro. Nela, ademáis de clausurar o curso, presentaránse as axudas e servizos das que dispón o organismo para a internacionalización.