O 30 de maio, no Fórum Carballo

A Feira de Emprego da Cámara coruñesa difundirá medio cento de ofertas laborais

Unha trintena de empresas, que presentarán medio cento de ofertas de emprego dirixidas a mozos e mozas rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, participarán na 13ª edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o 30 de maio no Fórum Carballo.

A Feira de Emprego da Cámara coruñesa difundirá medio cento de ofertas laborais

A esta 13ª Feira de Emprego asistirán compañías de diferentes sectores con procesos de selección abertos como é o caso de APECCO, Arce Clima, Areté Gestión de Personas, Aseb, Carrefour, CIE Tecnología, Clece, Disashop, DomusVi, Eulen - Flexiplan, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundacion Equipo Humano, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Externa, Grupo Gestán, Grupo Konecta, Iman Temporing, MMypem by Voltam, Northius, Pacto, Repsol, Synergie, Teiga TMI, Temporing, ou Vegalsa-Eroski.

Na comarca de Bergantiños, os postos máis demandados son persoal de tendas de alimentación e retail, axentes comerciais, enxeñería industrial, informática, telecomunicacións e electricidade. Tamén se necesitan perfís técnicos de FP como frigoristas, carpintería, albañilería, soldadura, técnicos de instalación de electricidade, electromecánica ou técnicos de xestión administrativa e persoal para hostalería, loxística e delineación, deseño industrial, entre outros.


Talleres de empregabilidade

A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección.

Por un lado, María Dolores Serrano, orientadora laboral do Concello de Carballo, explicará aos asistentes como a Bolsa de Traballo do Concello encárgase da xestión das candidaturas para participar en procesos de selección. Ademais, Covadonga Abril, Ceo de Talentiers, empresa dedicada a acompañar e asesorar a mulleres emprendedoras, realizará un taller sobre o valor da tecnoloxía na procura de emprego.

Durante toda a xornada (de 9 a 14 horas) estará dispoñible un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.

Os intresados poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara de A Coruña ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72.

A organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús que partirá do Centro de Formación da Cámara na Coruña.

A Feira de Emprego da Cámara coruñesa difundirá medio cento de ofertas laborais