Programa "Ben Empregado 3, máis social”

A Deputación de Lugo abre o prazo de solicitude de 193 novos empregos

O Goberno da Deputación de Lugo abriu o prazo de solicitude dos 193 postos de traballo para desempregados da provincia, que ofrece a través do programa  “Ben Empregado 3, máis social”, que dotou de 2,3 millóns de euros.

A Deputación de Lugo abre o prazo de solicitude de 193 novos empregos

Trátanse dos 193 empregos que solicitaron as 178 empresas e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, que resultaron beneficiadas das axudas do organismo provincial para a contratación de novos traballadores. Para a súa selección, o Executivo provincial primou ás entidades de nova creación; ás impulsadas por mulleres, maiores de 45 anos ou por mozos de entre 16 e 35 anos. Tamén favoreceu ás entidades e colectivos que propuxeron contratacións indefinidas, cursos de formación, medidas de conciliación laboral ou melloras en canto aos convenios do sector dos traballadores.

A Deputación de Lugo obriga ao cumprimento destas condicións, incorporando cláusulas sociais nos contratos dos traballadores. En caso de incumprimentos, as contratistas non recibirán a subvención correspondente. As empresas e colectivos terán que render contas todos os meses para poden comprobar con documentación oficial que non se infrinxen as cláusulas sociais.

Financiamento dos custos laborais nun 100% ou nun 50%

As empresas que elixiron a opción de contratar a lucenses no paro con capacidades diferentes ou de colectivos vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodepentes) recibirán o 100% da axuda económica da Deputación, coa que financiar todos os custos laborais dos novos traballadores. Esta será dun máximo de 22.000 euros. Son 36 as entidades que optaron por esta liña. Son 39 os empregos que demandan.

Mentres, as empresas que optaron por contratar a desempregados da provincia en xeral, contarán co 50% do orzamento necesario para cubrir os custos laborais. Son 116 as que se decataron por esta liña. Demandan 126 empregos.

Os colectivos sen ánimo de lucro que resultaron beneficiados, que son 26, demandan outros 28 postos de emprego. Neste caso, a financiación alcanza o 100% os custos laborais dos novos traballadores, que sempre teñen que ser desempregados lucenses.

Distribución dos empregos por zona

Dos 193 empregos que se demandan, 34 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 40 da Comarca da Terra Chá; 50 na de Lugo; 16 na de Sarria; 3 na da Ulloa; 19 na da Montaña; 28 en Lemos e Chantada, e, finalmente, outros 3 en toda a provincia, pois requírese mobilidade.

Na web www.deputacionlugo.gal e no Boletín Oficianl da Provincia están publicados os perfís laborais, así como a documentación necesaria a presentar para inscribirse nos mesmos, que pode facerse ata o 3 de febreiro.

A Deputación de Lugo abre o prazo de solicitude de 193 novos empregos