Teleformación

CPEIG, Rede Galega de Ciberseguridade e ISMS ForumSpain forman en protección de datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Rede Galega de Ciberseguridade e a Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS ForumSpain) organizan o “Curso de Especialización en Protección de Datos – CEPD”. 

CPEIG, Rede Galega de Ciberseguridade e ISMS ForumSpain forman en protección de datos
A organización deste curso responde á crecente demanda do novo perfil profesional do delegado de protección de datos.
O curso está orientado a outorgar unha especialización profesional en materia de privacidade.

A formación, que se impartirá na modalidade de teleformación, celebrarase do 3 ao 26 de xuño a través da aula virtual de ISMS Forum.

O curso está orientado a outorgar unha especialización profesional en materia de privacidade desde unha perspectiva xurídica, técnica e organizativa. Abordarase a normativa vixente no contexto nacional, o novo marco europeo e internacional, e profundarase sobre os fundamentos que rexen a seguridade da información. Está adaptado ao esquema de certificación de Delegado de Protección de Datos da Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) e recoñecida desde o 11 de xuño de 2018 pola Entidade de Certificación "Asociación para el fomento de la Seguridad de la Información, ISMS ForumSpain" designada pola AEPD.

Ademais, o contido lectivo ofrece a formación necesaria para a preparación das certificacións “Certified Data Privacy Professional (CDPP)” e “Certificado de Delegado en Protección de Datos (CDPD)”.

Cunha duración de 60 horas, impartidas en 15 sesións en horario de 16:00 a 21:30 horas, a formación está dirixida a directores de seguridade da información, profesionais con responsabilidades en privacidade, en xestión de protección de datos, consultores, avogados ou técnicos de seguridade e de sistemas. Estará impartida por expertos de Mapfre, Oylo, Renfe, Bankinter, ECIX Group, GE Corporate, INDITEX, ING España y Portugal, PublicisGroupe, Ferrovial, Orange e Suez España.

CPEIG, Rede Galega de Ciberseguridade e ISMS ForumSpain forman en protección de datos