Máis da metade dos seus 500 traballadores en Galicia sufrirán unha suspensión do contrato ao 100%
A CIG non asina o ERTE de Applus Norcontrol
Na nosa Comunidade, Applus Norcontrol emprega a máis de 500 persoas, das que máis da metade sufrirán unha suspensión do seu contrato do 100%, mentres que o resto do persoal terá unha redución da xornada laboral do 50% ou máis.
A sección sindical da CIG entende a empresa non achegou causa xustificativa desta "elevada" afectación e, ademais, nin sequera excluíu do ERTE ao persoal que xa tiña reducida a súa xornada por coidado de familiar.
Alén disto, a representación da CIG non está de acordo coa duración da medida, xa que se prolonga até o 31 de agosto. "Parécenos esaxerado e desproporcionado que Applus Norcontrol queira estender a suspensión dos contratos tantos meses. A empresa está aproveitando para sacar rendemento da crise da Covid-19", denuncia o secretario de Organización da CIG da Coruña, Óscar Calvo.
Porque ademais o propio acordo contempla a posibilidade de prorrogar o ERTE máis alá de agosto, "a conveniencia da empresa". A central sindical considera que este cláusula é ilegal, polo que está estudando a posibilidade de impugnar o acordo.