Denuncian condicións laborais "do século XIX"
A CIG convoca unha protesta diante de Coren en solidariedade cos autónomos de Servicarne
A Federación de Alimentación da CIG (FGAMT-CIG) desenvolverá este xoves unha mobilización diante da planta principal de Coren en Ourense en solidariedade coa loita do persoal autónomo de Servicarne en Frigolouro, compañía porriñesa que pertence ao grupo cooperativo.
31 may 2017
A concentración servirá para denunciar “a explotación e as condicións laborais do século XIX” dos traballadores, explican desde a FGAMT-CIG. Terá lugar este xoves 1 de xuño de 11.30 a 12.30 horas.
A protesta forma parte do calendario de mobilizacións promovida pola CIG para apoiar as reivindicacións dos falsos autónomos de Servicarne dependentes de Frigolouro, que denuncian explotación laboral e reclaman unhas condicións de traballo dignas.