Organizado pola Área Empresarial do Tambre
Cen mozos participarán no programa integrado de emprego "Tambre Traballa IV"
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) iniciará unha nova edición do programa integrado de emprego de Galicia “Tambre Traballa IV”, que asesorará a un cento de menores de 30 anos para acadar a súa inserción laboral.
Nesta edición, a asociación traballará con 100 participantes menores de 30 anos con perfís moi distintos en canto a estudos realizados.O aspecto esencial do programa céntrase nas accións de orientación e intermediación laboral para a inserción dos participantes, que axudarán apotenciar a súa confianza, reforzar a súa motivación e enriquecer os seus contactos sociolaborais. Ademais, esta orientación laboral servirá para que os participantes coñezan novas técnicas de procura de emprego, realización de currículos ou a preparación de entrevistas de traballo.
O programa, que se desenvolverá ata o mes de novembro, conta tamén cunha dimensión formativa, coa programación de accións sobre motivación, habilidades comunicativas, idiomas ou informática, destinadas a mellorar a empregabilidade dos participantes. Outra cuestión que se traballa no programa é a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna para que os participantes adquiran habilidades e hábitos de traballo. A asociación considera que as prácticas son unha actividade moi aceptada polas empresas, xa que lles permite testar a integración dos candidatos no ambiente da empresa.
Accións de fomento do emprego
Nesta liña de fomento do emprego, a Asociación Área Empresarial do Tambre xestiona desde hai quince anos unha bolsa de emprego para facilitar a selección de persoal das empresas asentadas nas áreas empresariais de Santiago e a comarca. E no 2015 puxo en marcha o programa integrado de emprego "Tambre Traballa" en cuxa primeira edición atoparon traballo o 50% dos participantes. Cos medidas como estas, a asociaciónempresairal aposta decididamente pola orientación e formación continua como a“mellor vía para obteremprego”, convertendo a inserción laboral nunha das súas principais misións como asociación.
O programa “Tambre Traballa IV” está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través dos programas da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.