Xoves, 16 de febreiro
AJE Ferrolterra ensina a mellorar a xestión empresarial da man das emocións
O vindeiro xoves 16 de febreiro a intelixencia emocional centrará a programación de AJE Ferrolterra, Eume y Ortegal.
A sede da asociación acollerá unha xornada para empresarios centrada na xestión das emocións e as ferramentas para traballar a intelixencia emocional e mellorar a nosa xestión e as nosas relacións cos socios, empleados, clientes e proveedores.
O programa analiza a intelixencia emocional e os seus compoñentes, explica como pode servirlle a un empresario e amosa ferramentas prácticas para xestionar as emocións e tornalas a favor dos nosos obxectivos persoais e empresariais.
A sesión comenzará as 16:30 horas e terá unha duración estimada de duas horas e media. Os interesados poden inscribirse en [email protected] o chamando o teléfono 981 333 322.