24 para funcionarios interinos e oito para persoa laboral

Abertas as listas de traballo temporal na Administración galega

A Xunta abriu de novo o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia. 

Abertas as listas de traballo temporal na Administración galega
Igape Responde ofrece asesoramiento inmediato a autónomos y pymes para reactivar su actividad.
Estarán abertas un total de 32 listas: 24 afectan a persoal funcionario e oito a persoal laboral.

Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. As persoas contratadas prestarán servizos, entre outros, en institutos politécnicos, centros de atención a menores ou persoas con discapacidade, residencias de maiores, centros para persoas con dependencia, nos servizos de gardacostas ou como intérprete da lingua de signos.

O número de listas que estarán abertas para inscrición é de 32. Delas, 24 listas son para traballar como funcionario interino e outras oito para facelo como persoal laboral. Entre as listas abertas están as de enxeñeiros de camiños, canais e portos, de minas e de montes, veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, enfermeiro/a, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, auxiliar de enfermería ou xefe/a de cociña.

No caso das listas que permanezan pechadas, as persoas interesadas que superaran algunha proba do último proceso selectivo ou prestaran servizos na Xunta para a lista correspondente a unha categoría, corpo, escala ou especialidade, sempre poden presentar a solicitude de inclusión.

Tanto o estado -aberto ou pechado- para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir para inscribirse nelas poden consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, no apartado de ‘Listas de contratación’.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 2 de maio, segundo recolle a resolución da Dirección Xeral da Función Pública publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Abertas as listas de traballo temporal na Administración galega