Búscase mellorar a eficiencia enerxética na institución académica
Xunta e Universidade de Vigo abordan o uso de enerxías renovables
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro con responsables da Universidade de Vigo no que se repasaron as liñas de colaboración desenvolvidas por ambas administracións e abordaron futuros proxectos, entre eles o uso de enerxías renovables.
Na reunión tamén participaron o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, e o adxunto ao Reitor, Jacobo Porteiro.
Segundo explicou o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, un dos principais temas de conversa xirou en torno aos proxectos relacionados co hidróxeno, que cualificaron como “un piar enerxético no futuro cun elevado potencial de xeración en Galicia”.
No encontro tamén se abordaron diversos temas, como os plans enerxéticos desenvolvidos ata a data pola Universidade de Vigo, e os que ten previsto impulsar no futuro baseados no uso de enerxías renovables para a produción térmica e eléctrica, ademáis da implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética na institución académica.