A norma regulará os Concellos Emprendedores
A Xunta inicia a tramitación da Lei das áreas empresariais de Galicia
Nese sentido, Feijóo tamén debullou outras novidades en relación aos instrumentos de execución, neste caso a norma recolle, dixo, cinco instrumentos: o proxecto de delimitación de fases de urbanización, o proxecto de desenvolvemento de urbanización, o proxecto de urbanización, o proxecto de parcelamento e os estudos de detalle.
Xa para rematar co apartado de novidades, Feijóo sinalou que no ámbito da conservación, xestión e modernización das áreas empresariais contémplase a creación de entidades de propietarios que velarán polo mantementos das infraestruturas e servizos do ámbito, así como da súa actualización e modernización.
Adicionalmente, avanzou, regularanse os Concellos Emprendedores por lei, para blindalos e facilitarlles axudas e incentivos prioritarios. “Terán 30 días para dar unha licenza, 15 cando se trate de actividades empresariais estratéxicas, e no caso de non existir resposta a licenza outorgarase por silencio administrativo”, engadiu.
“En definitiva, unha lei que será útil para todos os investimentos estranxeiros que poidamos captar” e sobre todo que a xeración de solo empresarial, urbanizado correctamente e a un custo alcanzable, permita a implantación da actividade empresarial e o progreso socioeconómico de Galicia.