Primeiro de Maio en Galicia
Os sindicatos chaman á manifestarse por "un traballo digno" e polo "pleno emprego"
A CIG ten convocadas un total de 16 mobilizacións en cidades e vilas galegas para este Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, baixo o lema “Traballo digno. Pola paz e a soberanía dos pobos. Contra o imperialismo”. Este ano a mobilización central será a da Coruña, que sairá ás 12 horas da Praza de Vigo, e contará coa participación do secretario xeral, Paulo Carril.
Asemade, haberá manifestacións ás 11:30 horas en Ourense e Pontevedra, e mediodía en Vigo, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, A Estrada, As Pontes, Cee, O Barco, Ribadeo, Ribeira, Verín e Vilagarcía. En Cangas a manifestación da CIG no Primeiro de Maio será pola tarde, a partir das 18 horas.
Manifestacións conxunta de UGT e CCOO
Pola súa banda, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia volven mobilizarse xuntos e chaman a cidadanía a manifestarse para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais. O lema escollido este ano, "Polo pleno emprego, a redución da xornada e mellores salarios", sintetiza as principais reivindicacións.
Os dous sindicatos de ámbito estatal convocaron mobilizacións ás 11:30 horas en Vigo, ás 12 do mediodía na Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía e ás 12:30 horas en Lugo.