Informe do IGE

O sector do transporte e a loxística representa o 3,9% do PIB galego

O sector do transporte e a loxística xera 49.304 postos de traballo en Galicia e representa o 3,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da Comunidade Autónoma, segundo reflicte un estudo sobre esta actividade realizado polo Instituto Galego de Estatística (IGE)

O sector do transporte e a loxística representa o 3,9% do PIB galego
Los tres Gobiernos autonómicos comparten el carácter estratégico del Corredor Atlántico.
No sector do transporte terrestre operan máis de 10.200 empresas.

En concreto, neste sector participan 11.873 empresas que operan no territorio galego. A meirande parte delas son empresas cun número de traballadores inferior a dez, e outras 71 dispoñen de 50 ou máis empregados. Ademais, é un sector no que a maioría das empresas teñen a súa sede social en Galicia, o 98% segundo esta análise.

O informe aborda as catro ramas que conforman este sector: o transporte terrestre, no que operan 10.206 empresas; as actividades anexas ao transporte, con 1.006 empresas; as actividades postais e de correo, con 602; e o transporte marítimo e aéreo, no que operan 59 empresas no territorio galego.

En global, o sector do transporte e a loxística xera un valor engadido bruto de 2.126 millóns de euros, segundo os últimos datos dispoñibles, do ano 2014. Isto representa o 3,9% do PIB galego, do que o maior peso correspóndese co transporte terrestre (1,9%), o almacenamento e as actividades anexas ao transporte (1,6%), as actividades postais e de correo (0,3%) e o transporte marítimo e aéreo (0,1%).

Continuidade

A Análise do sector do transporte e da loxística é un documento elaborado polo IGE que dá continuidade a unha serie de análises iniciadas coa da cadea forestal-madeira, difundida no ano 2013. Esta serie tivo a súa continuación coa análise do sector da automoción, difundida en 2014; coa análise do sector da pesca, difundida en 2015 e, por último, a análise do sector cultural difundido en 2016.

O sector do transporte e a loxística representa o 3,9% do PIB galego