Entre os obxectivos, promover a comercialización de espazos no edificio de servizos compartidos

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e o Concello de Santiago renovan un convenio para consolidar o Biopolo Sionlla

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e o Concello de Santiago de Compostela asinaran un convenio para seguir traballando no desenvolvemento do Biopolo Sionlla, xa en marcha coa construción do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (CSIEB) que ten previsto inaugurarse en xaneiro de 2023.

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e o Concello de Santiago renovan un convenio para consolidar o Biopolo Sionlla
As obras do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas, que se agarda inaugurar en xaneiro de 2023.
As obras do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas, que se agarda inaugurar en xaneiro de 2023.

O proxecto do Biopolo Sionlla, enmarcado no Acordo da Sionlla entre a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago (USC), Cámara de Comercio de Santiago e a asociación empresarial do Tambre, pretende a reindustrialización da cidade e do resto de Galicia, coa promoción do asentamento de empresas e a captación de proxectos de investimento.

Neste terceiro ano do convenio asinado entre o Concello e a Asociación, o obxecto é desenvolver accións destinadas ao desenvolvemento do Biopolo Sionlla co horizonte de procurar a súa consolidación e a captación de empresas para o proxecto.

Na consecución destes fins, a Secretaría Técnica do Acordo da Sionlla encargarase de impulsar e coordinar actividades que actúen como punto de encontro de axentes da cidade para a súa industrialización, poñendo en valor as potencialidades de Santiago de Compostela ante a Administración autonómica, as empresas e os investidores para acadar os recursos necesarios que impulsen a promoción económica da cidade. Esta secretaría coordinará axendas para reunións, elaborará documentación e informes e propoñerá diferentes proxectos conxuntos, ademais de facer un control da evolución do biopolo, ofercer ás partes implicadas unha avaliación dos obxectivos acadados e deseñar novas accións, especialmente para o sector da madeira.

Entre os obxectivos para o desenvolvemento de negocio do biopolo están o de promover a comercialización dos espazos no edificio de servizos compartidos, dos espazos industriais e proxectando os espazos de crecemento a futuro co apoio de empresas de consultoría e comunicación.

O convenio contempla a colaboración co servizo de vixilancia da área empresarial e a coordinación do servizo cos organismos municipais, especialmente coa Policía Local e cos servizos de Bombeiros.

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e o Concello de Santiago renovan un convenio para consolidar o Biopolo Sionlla