Campaña de dinamización comercial

Presentación da campaña “Mercar no comercio galego ten premio”

O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, Manuel Heredia, e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas presentaron este mércores en Santiago unha nova edición da campaña “Mercar no comercio galego ten premio”.

 

Presentación da campaña “Mercar no comercio galego ten premio”
Presentación da campaña esta mañá en Santiago.
Presentación da campaña “Mercar no comercio galego ten premio” na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago.

Trátase dunha ambiciosa iniciativa de dinamización comercial co obxectivo de incentivar, reactivar o consumo e achegar ao consumidor os establecimientos locais, poñendo en valor as grandes vantaxes de mercar no comercio de proximidade da nosa Comunidade.

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio” desenrolaráse entre xullo e novembro en máis de 35 localidades galegas, sorteando máis de 35.000 euros en premios entre aqueles clientes que aposten polo comercio local.

En cada unha destas vilas levaránse a cabo campañas de unha semana de duración. Os tickets das compras realizadas durante ese tempo poderán canxearse o día final da campaña por boletos de participación no sorteo en directo de premios. Estos premios, de 1.000 euros por localidade, serán en forma de tarxetas prepago para volver a mercar, co que repercutirán de novo no comercio minorista local.

“Mercar no teu comercio ten premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación, e conta coa colaboración de Abanca, as Federacións Provinciais de Comercio e distintas asociacións de comerciantes de toda Galicia.

Presentación da campaña “Mercar no comercio galego ten premio”