Enterprise Europe Network

O Parque Tecnolóxico de Galicia intégrase na maior rede mundial de información e asesoramento a pemes

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole vén de incorporarse á Enterprise Europe Network, a maior rede do mundo de información e asesoramento a pequenas e medianas empresas para promover a súa competitividade a nivel internacional.

O Parque Tecnolóxico de Galicia intégrase na maior rede mundial de información e asesoramento a pemes

Xunto coa Axencia Galega de Innovación (Gain), Tecnópole é a entidade de referencia da rede en Galicia a través da GalacteaPlus, o consorcio que lle dá cobertura á rede no noroeste de España, coa participación doutras sete entidades de Asturias, Cantabria e Castela e León.

Tecnópole únese así ás máis de 600 entidades de máis de 60 países que forman parte da Enterprise Europe Network. O seu obxectivo é multiplicar as oportunidades de éxito das pemes combinando a experiencia no mercado internacional que ofrece a rede no seu conxunto co coñecemento da contorna máis inmediata que achegan as entidades locales que, como Tecnópole, funcionan como nodos.

Os servizos que presta a rede están especificamente orientados a mellorar as oportunidades das pemes da Unión Euorpea a través da internacionalización. Neste sentido, as empresas usuarias poden atopar asesoramento integral para expandir o seu mercado fóra dos seus países de orixe, apoio ás actividades de innovación e soporte para atopar socios comerciais noutros países.

Dispoñible para todas as pemes galegas

Este último ámbito das relacións comerciais é o que centrará o labor de Tecnópole na rede, a través dunha ampla carteira de servizos a disposición de calquera peme galega, aínda que tamén están abertos a outro tipo de empresas e a centros tecnolóxicos e de investigación.

As empresas poden acudir xa aos servizos de asesoramento do Parque Tecnolóxico de Galicia para facer consultas sobre lexislación, fiscalidade, instrumentos de axuda, etc. no ámbito comunitario. Tecnópole tamén realizará tarefas de promoción da cooperación empresarial, como a promoción de encontros entre pemes e a xestión de ofertas e demandas de colaboración no territorio que abarca o consorcio Galactea Plus. Ademais, recollerá e transmitirá á Comisión Europea as inquietudes e suxerencias das empreas en relación co mercado e a regulación comunitarios.

 
 

O Parque Tecnolóxico de Galicia intégrase na maior rede mundial de información e asesoramento a pemes