30 euros de desconto por bono

Nova edición dos Bonos Activa Comercio

A Xunta convoca a segunda edición deste ano do bono Activa comercio co que se prevé mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas, co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela aos establecementos de proximidade.
Nova edición dos Bonos Activa Comercio
Los cursos se han planteado en base a estudios de necesidades formativas, que demuestran la demanda de conocimientos de marketing, técnicas comerciales y nuevas tecnologías.
A Xunta convoca a segunda edición deste ano dos Bonos Activa Comercio.

 O Consello da Xunta acordou destinar un total de 2,5 millón de euros ao programa de Bonos Activa Comercio, que ten tamén por obxectivo contribuír a reducir o impacto da inflación das familias.

Así, como en anteriores ocasións, as persoas consumidoras poderán descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. Só se permitirá descargar un único bono por persoa.

O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga e uso por parte dos consumidores desde o 9 de outubro e ata o 31 de decembro, salvo esgotamento previo do orzamento destinado

Pola súa banda, os comercios que se queiran adherir a esta iniciativa poderán facelo a partir do 30 de setembro. Como na edición anterior deste ano non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Desde a súa posta en marcha no ano 2021 xa se mobilizaron preto de 54 millóns de euros no sector comercio grazas a estes bonos, favorecendo máis de 950.000 transaccións nos establecementos comerciais

Nova edición dos Bonos Activa Comercio