Concedidos 11 millóns de euros do Fondo de Transición Xusta para As Pontes e Meirama
Miñones urxe á Xunta a sinatura do protocolo de transición xusta para As Pontes
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, lembrou que Galicia é a única comunidade que está pendente de rubricar este protocolo que permitirá materializar os convenios compensatorios dos procesos de descarbonización. O compromiso do Goberno central é total, salientan desde a Delegación do Goberno en Galicia.
O obxectivo dos convenios de transición xusta é crear emprego, garantir a actividade nas áreas afectadas e fixar poboación. Para iso buscan identificar posibles proxectos, investimentos e oportunidades de emprego que garantan a reactivación da zona, baseada nun modelo produtivo diversificado e sostible, xerando novas oportunidades.¡Implican, ademais do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ao Ministerio de Traballo e Economía Social (con plans de formación para mellorar a empregabilidade ou a reconversión se é necesario); ás empresas e aos sindicatos, polo que só falta a Xunta. José Miñones íinsta ao Goberno galego a mostrar o seu acordo o antes posible, dado que é un paso necesario para empezar a poñer en marcha proxectos xeradores de emprego e actividade.
Precisamente foi o Ministerio para a Transición Ecolóxica o que vén de aprobar a concesión de 111 millóns de euros do Fondo de Transición Xusta para a provincia da Coruña, en concreto para As Pontes e Meirama (Cerceda).
Ademais de repasar a situación actual, o delegado do Goberno escoitou as demandas sindicais. Xunto a José Miñones estiveron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a concelleira de Industria das Pontes, Ana Pena; o representante do sindicato CCOO, Fernando Galego; pola CIG, Alberte Amado; por UXT, Nicasio Pena; e por parte do sector do transporte das Pontes, Manuel Bouza.
A xuntanza deste luns dá continuidade á mantida a semana pasada coa representación sindical da área de Ferrolterra.