A consellería que dirixe asume agora as competencias en materia de solo industrial
Lorenzana trata as necesidades de solo industrial cos rexedores de Lalín e Mos
Os dous encontros enmárcanse na rolda de contactos que María Jesús Lorenzana está a manter cos distintos rexedores locais toda vez que a Consellería acaba de asumir as competencias en materia de solo industrial, a través da Dirección Xeral de estratexia industrial e solo empresarial.
Nas reunión tamén se avaliaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.
Ademais dos servizos de atención personalizada ás empresas que ofrece a Oficina Económica de Galicia, Lorenzana expuxo ante Xosé Crespo e Nidia Arévalo programa de axudas da Xunta para polígonos industriais. Trátase dunha primeira liña para a mellora de infraestruturas, dotada de 3,5 millóns de euros; outra, en proceso de resolución, para a creación de viveiros industriais, con 1,5 millóns de euros de orzamento; e, en terceiro lugar, para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica dos parques empresariais, que conta cun crédito de 4,7 millóns de euros.
A conselleira puxo en valor as funcións da nova Dirección Xeral de estratexia industrial e solo empresarial, que inclúe na planificación industrial e enerxética a capacidade, tamén, para xestionar o solo empresarial que existe en Galicia e desenvolvelo onde sexa necesario.