Ata 71 productores repartidos en 690 hectáreas
A IXP Pataca de Galicia prevé comercializar máis de 6 millóns de kilogramos
O Consello Regulador da Indicación Xeográfica da Pataca de Galicia publicou as previsións de produción para esta campaña, estimándoas en máis de 6 millóns de kilos.
A campaña deste ano, que contou co traballo de 71 produtores de pataca repartidos en 690 hectáreas de terreno de cultivo, segue en plena época de recolleita, comenzando pola variedade kennebec, de ciclo máis curto, para continuar coa agria, de ciclo máis longo. Estas dúas variedades, xunto á fina de Carballo conforman as tres variedades amparadas polo indicativo de calidade.
Este ano a Indicación Xeográfica da Pataca de Galicia (IXP) contou con 690 hectáreas de cultivo, das que en torno a 400 corresponden á variedade kennebec e 290 á agria. No caso dos productores, 54 pertencen a Ourense, 14 á Coruña e 3 a Lugo, sendo as principais zonas produtoras A Limia, Monterrei e Bergantiños.
As cifras de previsión de producción que manexa a IXP son positivas malia as condicións climatolóxicas desfavorables, que provocarían que a producción poida estar entre un 15% e 20% por debaixo da media dos últimos anos.
Por outra banda, a calidade da pataca producida será excelente para o consumo, o que unido a unha elevada demanda, fai que a campaña sexa boa en canto á retribución para os produtores.
O novo presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez, sinalou que ten coma obxectivo “poñer en valor tanto en Galicia coma no mercado nacional a innegable calidade do noso produto e do bo facer dos nosos produtores”. Asimesmo, agarda que, ao longo do que resta de ano, “o número de inscritos aumente, dunha forma homoxénea no conxunto da Comunidade Autónoma”.